Ofértase un contrato predoutoral (FPI) no Grupo de Ecoloxía Animal (GEA) do CIM-UVigo para desenvolver unha tese doutoral en Ecoloxía Evolutiva no marco do proxecto “SOCIALIFE: Life- history consequences of the social environment during early life” (PGC2018-095412- B-I00 T), dirixido por Alberto Velando e Sen-Yeon Kim e financiado polo programa Estatal de Fomento da Investigación Científica e Técnica de Excelencia.
O contrato ofertarase na convocatoria “Axudas para contratos predoutorais para a formación de doutores 2019”.
Descrición do proxecto
O proxecto de tese enmárcase no estudo dos mecanismos responsables da plasticidade fenotípica durante o desenvolvemento en animais. Neste proxecto realizaranse diversos experimentos de campo nunha colonia da gaivota patiamarela (Larus michahellis) examinando, mediante un marco experimental e utilizando técnicas novas, como os pais, o ambiente social e a súa interacción afectan á plasticidade fenotípica durante o desenvolvemento e os mecanismos implicados.
Máis información en: http://avelando.webs.uvigo.es/fpi.html
Criterios de valoración:
- Motivación e interese para traballar con aves mariñas no campo
- Motivación e interese para aprender técnicas moleculares
- Coñecementos en Ecoloxía Evolutiva e Comportamento Animal
- Bo nivel de inglés, oral e escrito
- Expediente académico > 7
Solicitude
Os interesados poden enviar o seu CV actualizado e unha carta de motivación antes do 27 de Outubro a avelando@uvigo.es.