O Grupo de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigación Mariña (CIM, Universidade de Vigo) ofrece un contrato posdoutoral a cargo do proxecto:
PID2019-110011RB-C33 TRAITS: Towards the identification of functional groups of marine prokaryotes in carbon and nutrient utilization
Condicións xerais:
- Duración: 1.5 anos (posibilidade de extensión por 6 meses máis)
- Data prevista de inicio: Verán do 2021
- Xornada de traballo: Tempo completo
- Lugar de traballo: Facultade de Ciencias do Mar, Universidade de Vigo.
Requisitos:
- Doutoramento nalgunha área biolóxica, con énfase en microbioloxía, ecoloxia, bioloxía molecular ou bioinformática.
- Forte motivación para a investigación.
- Experiencia no campo do funcionamento das comunidades microbianas: capacidade para interpretar a bioloxía microbiana e os patróns ecolóxicos.
- Experiencia sólida na análise de conxuntos de datos de -ómicas: coñecemento de R, estatísticas e ferramentas de trazado.
- Dominio do inglés.
Solicitude
As persoas interesadas deben enviar o seu CV a Dr. Sandra Martínez García sandra@uvigo.es
A oferta manterase aberta ata atopar candidato.
No seguinte enlace atópase información sobre o proxecto e sobre as caracterísiticas da plaza ofertada.