Contrato de investigación pre-doutoral no laboratorio de Física Ambiental do CIM-UVigo (Ephyslab)

O laboratorio de Física ambiental (EPHYSLAB) do CIM-UVigo oferta un contrato de investigación predoutoral baixo o proxecto «ANÁLISIS LAGRANGIANO DEL IMPACTO EN EL CICLO HIDROLÓGICO GLOBAL DE LOS PRINCIPALES MECANISMOS DE TRANSPORTE DE HUMEDAD ATMOSFERICA» (LAGRIMA), RTI2018-095772- B-I00

Condicións xerais:

  • Duración: 12 meses
  • Data prevista de inicio: Marzo 2020
  • Xornada de traballo: A tempo completo (40 horas semanais)
  • Posibilidade de renovación: Si
  • Retribución: aprox. 1.200 € brutos/mes.
  • Traballo de investigación para o proxecto LAGRIMA

Requisitos:

Os aspirantes deberán cumprir, á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

Requisitos xerais:

  • Ter cumpridos os dezaoito anos e non alcanzar a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación.
  • Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado.
  • Non ser separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas.

Requisitos específicos (obrigatorios):

  • Licenciado ou graduado en Meteoroloxía ou titulacións afíns (nota superior a 8.0).
  • Máster en Meteoroloxía ou titulacións afíns (nota superior a 8.0).
  • Experiencia e coñecementos de programación.
  • Interese en realizar unha Tese de Doutoramento na temática do proxecto

Avaliación:

Fase I: Valoración de Currículo (0-10 puntos): Expediente académico (60%), Experiencia técnica (35%), Outros méritos (5%)
Fase II: Entrevista (0-10 puntos). Se se considerase necesario para aqueles candidatos que superen 6 puntos na Fase I.

Comisión de Avaliación:

Formada por Investigadores participantes no proxecto LAGRIMA.
Data límite de recepción de candidaturas: 20/12/2019
Entrega de documentación por correo electrónico a: ephyslab@uvigo.es

Documentación a presentar:

  • Carta de presentación, na que se inclúa nome, DNI, Teléfono e e-mail de contacto.
  • Currículo vitae
  • Expediente académico
  • Documentos acreditativos dos requisitos e méritos recolleitos no CV