Contrato de investigación no Future Oceans Lab – Vulnerabilidade climática e asesoramento en AMPs

O Future Oceans Lab do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVIGO) oferta un contrato de investigación para xestionar e desenvolver as tarefas dun proxecto Interreg-MED, no cal o grupo participa como socio para desenvolver as tarefas relacionadas coa avaliación e asesoramento da vulnerabilidade climática en áreas mariñas protexidas do Mediterráneo. A persoa candidata deberá ter título de máster e experiencia en ecosistemas mariños, xestión e participación de stakeholders e estará ao cargo da investigadora principal do grupo, Elena Ojea, e os demáis integrantes do consorcio. Os detalles completos do traballo pódense atopar en  EURAXESS ou neste PDF.

As persoas interesadas ​​deben enviar a súa solicitude seguindo as indicacións da oferta de traballo a futureoceanslab@uvigo.es antes do 15 de xaneiro ás 15h.