O grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética do CIM oferta un contrato de formación predoctoral (FPI) asociado ao proxecto de investigación concedido recentemente dentro do programa Retos da Investigación (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades).
Datos do proxecto:
- Referencia: PID2019-107611RB-I00
- Título: MITOGENOMICS AND MITOPROTEOMICS OF MARINE MUSSELS WITH DOUBLY UNIPARENTAL INHERITANCE OF MITOCHONDRIA DNA AND DIFFERENT GENETIC BACKGROUND (MYTOLINES)
- Investigadores principais: Ángel Pérez Diz e Paloma Morán Martínez
- Proxecto PID2019-106700RB-I00 financiado por MICIU/AEI/10.13039/501100011033
- Lugar de traballo: Facultade de Bioloxía, Departamento Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía, Universidade de Vigo
- Periodo execución: 2020-2024
Criterios de valoración
- Graduado en bioloxía ou afíns.
- Finalizar un master oficial afín á temática do proxecto.
- Experiencia en laboratorio e análise de datos mediante ferramentas bioinformáticas.
- Coñecementos de inglés e disposición a realizar estancias de investigación en centros de investigación estranxeiros de recoñecido prestixio.
Presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de participación abrangue desde o 13 ata o 27 de outubro de 2020 ás 14:00 horas (hora peninsular española). Na ligazón correspondente (link) están dispoñibles todos os documentos relacionados coa convocatoria FPI 2020.
Os interesados poden contactar previamente ao envío da solicitude con Ángel Pérez Diz (angel.p.diz@uvigo.es) ou Paloma Morán (paloma@uvigo.es).