Ofértase un contrato de apoio á investigación no marco do proxecto PASOS – Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable no Ámbito Mariño a Través das Entidades de Economía Social, financiado pola Rede EUSUMO, da Consellería de Traballo e Igualdade.
Condicións do Contrato:
- Tipo de contrato: temporal
- Duración estimada: 7’5 meses
- Data estimada de inicio do contrato: Segunda quincena xaneiro de 2022
- Retribución: 1.200€ brutos mensuais
- Tipo de xornada: a tempo parcial (25 horas semanais)
Traballo a realizar:
A persoa seleccionada encargarase de dar apoio no desenvolvemento das accións do proxecto PASOS ós dous centros de investigación participantes no mesmo, o Centro de Investigación Mariña (CIM) e o Centro de Investigación ECOBAS. Algunhas das tarefas serán:
- Xestión administrativa e económica
- Redacción de documentos e informes
- Apoio en tarefas de RRI e comunicación
Requisitos xerais de admisión
Para seren admitidas neste proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido nesta convocatoria, e posuír os seguintes requisitos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, manténdoos durante todo o proceso selectivo:
- Ser nacional dalgún Estado membro da Unión Europea, cónxuxe ou descendente, segundo o establecido legalmente. As persoas que sexan nacionais de estados distintos dos anteriores poderán tamén participar se se atopan legalmente en España e dispoñen do documento que as habilite para residir e acceder sen limitación ao mercado de traballo. Neste caso, a acreditación realizarase no momento de formalizar o contrato.
- Ser maior de idade e non ter acadada a idade de xubilación.
- Posuír un título de graduado/a, licenciado/a ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial da súa homologación.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas desta categoría.
- Non ter sido obxecto de separación nin estar incurso en inhabilitación nos termos establecidos pola Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público.
- Acreditar un nivel alto de coñecemento e uso da lingua galega
Méritos valorables
- Experiencia en xestión administrativa e/ou económica de proxectos
- Experiencia laboral en postos similares na Universidade de Vigo
- Experiencia na redacción de informes
- Nivel de inglés intermedio (asimilable a un B1) ou superior
- Experiencia en proxectos de ámbito mariño
Proceso de selección
Realizarase en base á información recibida, aplicándose a seguinte valoración:
- Currículo – 60%
- Entrevista persoal – 40%
Comisión de avaliación
O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada pola Investigadora Principal do proxecto, Mercedes Mareque, e por membros dos equipos de dirección e xestión dos Centros de Investigación implicados, CIM e ECOBAS.
Presentación de candidaturas
- Para tomar parte neste proceso de selección deberase enviar un currículo actualizado, xunto cunha carta de presentación, ó enderezo pasos@uvigo.es, antes do día 17 de decembro de 2021.
- As persoas que resulten seleccionadas poderán ser convocadas para realizar unha entrevista persoal en modalidade presencial ou virtual.
- Unha vez rematado o prazo de solicitude, publicarase unha listaxe de admisións e exclusións, de habelas, indicándose o motivo das mesmas, e abrirase un período de subsanación de 5 días naturais.
- Rematado o período de subsanación, publicarase a listaxe definitiva de admisións e exclusións e comezarase coa fase de valoración de candidaturas e de entrevistas persoais, e seleccionarase á persoa óptima para o posto.
- O resultado da selección publicarase en forma de listaxe, indicándose a persoa seleccionada e as persoas en reserva, e abrirase un período de reclamacións de 5 días naturais. De haber algunha, transcorrido ese tempo publicarase novamente a listaxe definitiva de selección e reservas.
Prazo de recepción de solicitudes: 17-12-2021