O grupo de investigación de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo), oferta un contrato de apoio á investigación con cargo ao proxecto “Papel das Interaccións fitoplancto-bacterias na Resposta do plancto microbiano á entrada de nutrientes alóctonos” (ref. CTM2017-83362- R).
Condicións do contrato
- Contrato a tempo completo.
- Duración: 3 meses (inicio 1 de febreiro de 2020).
- Retribución bruta mensual de 1800 €.
- Traballo a desenvolver: Análise metagenómico de secuencias parciais do 16 S e do 18 S de plancto microbiano mariño xeradas con Illumina, análise de diversidade de comunidades de eucariotas e procariotas, análise avanzada de datos multivariantes e análises de redes de co-ocorrencia.
Requisitos
- Graduado en Bioloxía, Ciencias de Mar ou afíns.
- Experiencia demostrable nas tarefas para realizar. Requírese especificamente experiencia no uso de ferramentas bioinformáticas e estatísticas para o tratamento de datos de secuencias 16 S e 18 S ( FastqC, Qiime, Mothur, Uchime), para a asignación taxonómica (bases de datos SILVA, PR2), para a análise avanzada de datos multivariantes, e para a análise de redes de co-ocorrencia (Cytoscape). Requírense tamén amplos coñecementos de taxonomía de plancto eucariota e procariota mariño, e nivel alto de inglés.
- Valorarase: experiencia en técnicas de extracción, determinación (Qubit/ Nanodrop) e amplificación de ADN, preparación de librerías xenómicas para secuenciación masiva, coñecemento de Matlab, formación complementaria relacionada coas tarefas para realizar.
Proceso de selección
A selección dos/as candidatos/ as levará a cabo segundo os seguintes criterios:
- Expediente académico (25%).
- Experiencia directamente relacionada co traballo ofertado (50%).
- Coñecemento de inglés (15%) e outros méritos (10%).
Os/as interesados/ as deben enviar antes do 27 de decembro de 2019 o seu expediente académico e o seu CV completo en pdf á seguinte dirección: teira@uvigo.es
A comisión de selección, formada por investigadores do grupo, valorará nos prazos establecidos pola normativa da Universidade de Vigo para contratación laboral temporal os méritos presentados polos candidatos.
Completado o proceso de selección, notificaranse os resultados definitivos á solicitantes vía correo electrónico.