PRAZA DE TÉCNICA/O 1 DE INVESTIGACIÓN EN RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS NA ESTACIÓN DE CIENCIAS MARIÑAS DE TORALLA (ECIMAT- CIM-Universidade de Vigo) – Paracentrotus lividus

1. Descrición

A/O candidata/o deberá desenvolver o seu traballo como técnica/o no proxecto de investigación OCIMER+: Enfoque holístico para el cultivo y conservación de Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816) financiado pola fundación Biodiversidad na convocatoria Pleamar 21. As tarefas a realizar pola/o técnica/o de investigación serán de apoio no desenvolvemento dos experimentos de xenética, colaboración nas tarefas de criopreservación, cultivo e mantemento dos ourizos, etc.

2. Requisitos

– Grao en Bioloxía, Ciencias do Mar ou titulacións afíns.
– Carné de conducir B1.

3. Criterios de valoración

Experiencia profesional (40%):

  • Experiencia acreditada en técnicas de cultivo, técnicas de mostraxe e métodos de estudo da bioloxía de organismos mariños (20%)
  • Experiencia acreditada en análises xenómicos, transcriptómicos e/ou proteómicos (20%)

Formación (30%):

  • Expediente académico no grao e máster (10%)
  • Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico (10%)
  • Máster (completado, ou ben estar matriculado) relacionado co perfil da praza (5%)
  • Dominio do inglés acreditado (5%)

Entrevista (30%):

  • A comisión pode convocar a unha entrevista ás/ós candidatas/os que teñan superado unha puntuación superior ó 50% nos apartados de Experiencia e Formación.

4. Condicións

  • Contrato laboral grupo 1.
  • Adicación: Tempo completo
  • Inicio do contrato: Inicios de 2022 (supeditado á firma e condicións do convenio de financiación).
  • Salario bruto: 1500 euros/mes.
  • Xornada de traballo semanal: 37,5 horas/semana.
  • Duración do contrato: Máximo de 8 meses (período de proba de 3 meses)
  • Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla – Illa de Toralla (Coruxo, Vigo) e Facultade de Ciencias do Mar (Campus de Vigo).

5. Solicitude e proceso de selección

  • As persoas candidatas deben enviar a solicitude (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a ocimer@ecimat.org co asunto: “proxecto OCIMER+ PRAZA TECNICO 1”. (Pódense achegar 1 ou 2 cartas de recomendación)
  • Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021.
  • No caso de ser necesario realizaranse entrevistas persoais ás/ós candidatas/os preseleccionados cun mínimo do 50% nos apartados de Experiencia e Formación.
  • As persoas seleccionadas para a entrevista en caso de ser necesaria deberán acreditar todos os méritos presentados.

6. Comisión de Avaliación

  • Presidente: José Manuel García Estévez
  • Vogal 1: Damián Costas Costas
  • Vogal 2: Estefanía Paredes Rosendo
  • Vogal 3: Ángel Pérez Diz

Prazo de recepción de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021

7. Resolución

Candidatos preseleccionadas/os as prazas de técnicas/os de investigación

 PRAZA TÉCNICA/O 1

Parrondo Lombardía, María (59,6)

Malvido Sotelo, Christian (52,5)

de las Mercedes Veiga García, María (50,8)

A entrevista coas persoas candidatas preseleccionadas para a praza de técnico/a 1 será o próximo luns día 27 de decembro, de maneira non presencial, a partir das 16:00h., sendo convocadas á mesma mediante e-mail.

Rematado o proceso de avaliación para a selección das prazas de técnicas/os de investigación, propoñénse as/os seguintes candidatas/os:

PRAZA TÉCNICA/O 1

María Parrondo Lombardía