Categoría laboral Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

REFERENCIA DA OFERTA 1023-107886

Denominación do proxecto ou actividade Programa de ciencias mariñas-Plan complementario de I+D+i

Investigador principal Elena Ojea Fernández-Colmeiro

Liña de investigación Xestión sostible de recursos mariños

Referencia CienciasMariñas-MRR

Departamento X06 Economía aplicada

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS
Tipo de contrato Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da Ciencia).

Duración indefinida

Traballo a realizar Tarefas de investigación relacionadas coa xestión sostible de recursos mariños

Funcións a realizar
En coordinación co grupo FOL, a/o candidata/o realizará as seguintes tarefas aínda que non limitadas a: participación activa en proxectos de investigación sobre a sostibilidade dos recursos mariños, incluíndo análises sobre as estratexias de xestión e de risco climático. O traballo centrarase no deseño e desenvolvemento de índices de sostenibilidade e risco, coa selección e análise de variables ambientais identificadas como ameazas, recopilación de datos biolóxicos e ecolóxicos dos recursos de interese, e datos socio-económicos. Ademáis, traballará na valoración económica de recursos mariños e as implicacións para a xestión sostible. Para iso, realizará traballos de revisión bibliográfica, meta-análise e/ou uso de software especializado. As tarefas tamén implican coordinación de actores e consulta a expertos con enquisas, entrevistas e/ou grupos de discusión. Ademais de colaborar na elaboración de protocolos metodolóxicos, e ferramentas web, e nas actividades de transferencia

Retribución bruta mensual 1.800,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral Técnico Superior de apoio á investigación modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo Edificio Olimpia Valencia (Torre CACTI) VIGO

Duración do contrato indefinida

REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
TITULACIÓN REQUIRIDA Mestrado en Ciencias ambientais, ciencias sociais, Economía ou campos afíns

MÉRITOS A VALORAR
1. Formación académica relacionada coa descripción do posto de traballo e coñecemento de idiomas (requírese nivel medio-alto de inglés e valorarase idioma galego)
2. Experiencia profesional e adecuación do CV da/o cancidata/o as funcións a realizar (Experiencia demostrable nalgún dos seguintes campos: estudo da xestión de recursos mariños, deseño e efectos das áreas mariñas protexidas, estudos de vulnerabildiade e riscos de , valoración económica de recursos e/ou traballo con índices socio-ecolóxicos. Requírese destreza na análise de datos e programación con R, Phyton ou similar, e uso avanzado de Excel. Valorarase experiencia no eido mariño, o uso de Github ou similar, a análise espacial con R ou GIS, o deseño e realización de enquisas ou talleres participativos, e a comunicación e divulgación de resultados científicos)
3. Carta de Motivación (en inglés e 800 palabras max.) indicando porque o seu perfil é o indicado para o posto e a súa motivación para avanzar na súa carreira profesional neste posto
4. Entrevista persoal (3 candidatos máximo)

Máis información