Centro de investigación da Rede CIGUS
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo é un dos oito centros que forma parte da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS). A calidade e o impacto da súa investigación está acreditada pola Xunta de Galicia.
Programa de Galicia Feder 2021-2027
A actividade do CIM está cofinanciada pola Unión Europea, dentro do programa Feder (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) da Xunta de Galicia no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 co obxectivo temático de “desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas”. No caso do CIM, isto contribuirá a promover a xeración de coñecemento de excelencia en ciencia mariña, a transferencia dese coñecemento para beneficio da sociedade, e a internacionalización da actividade investigadora da Universidade de Vigo no ámbito do mar.