As persoas interesadas en seguir o noso traballo e coñecer de perto as actividades e proxectos de investigación mariña que desenvolve a Universidade de Vigo podedes subscribir a nosa newsletter, o Boletín do CIM, e así recibir na caixa de correo as últimas novas, as ofertas de emprego e os vindeiros eventos e actividades do noso Centro.

 

Responsable do tratamento de datos:
CIF Q8650002B
Universidade de Vigo
Edificio Exeria
Campus universitario Lagoas-Marcosende s/n
36310 Vigo – Pontevedra
+34 986 812 000
informacion@uvigo.gal
https://www.uvigo.gal/

Estrutura responsable da xestión da actividade de tratamento dos datos:
Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT)
Centro de Investigación Mariña
Universidade de Vigo
Illa de Toralla s/n
Vigo 36331
Tel: (+34) 986815700
cim.uvigo.gal/ecimat

Finalidade do tratamento:
Os datos recollidos polo Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo serán almacenados, tratados e empregados para difundir a actividade do Centro, a través do envío das últimas novas e ofertas de emprego do e dos vindeiros eventos ou das actividades realizadas co Centro.

Lexitimación
O CIM-UVigo está lexitimado polo consentimento expreso, en concreto para o tratamento dos datos persoais, para un ou varios fins específicos, conferido pola persoa interesada.

Conservación de datos
Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo de subscrición e ata un máximo de dous anos trala baixa como usuario, coa finalidade para a que se solicitan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da mesma finalidade.

Exercicio dos dereitos
A persoa interesada poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terá dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos sen ningún custo e terá dereito a recibir unha resposta, nos prazos establecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos, polos medios descritos na protección de datos da Universidade de Vigo: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á Delegada de Protección de Datos da Universidade de Vigo, ao enderezo electrónico: dpd@uvigo.gal.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).