Xornadas de Portas Abertas | Embárcate co CIM

Durante 3h as persoas participantes nesta actividade poderán desfrutar da combinación de diferentes experiencias:

    • Traxecto en barco-aula dende o Peirao de A Laxe ata a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, do CIM. Durante o percorrido as persoas participantes poderán aprender cuestións interesantes sobre a ría de Vigo, descubrir o funcionamento dun robot subacuático e outras experiencias de investigación mariña.
    • Chegada a Toralla e visita guiada pola ECIMAT da man de persoal investigador do CIM.
    • Regreso en barco-aula ao Peirao de A Laxe.

Quendas:

  • Primeira quenda: 09:00h – 12:00h
  • Segunda quenda: 12:15h – 15:15h
  • Terceira quenda: 16:00h – 19:00h

Punto de encontro: Oficina de Ocean Secrets – Club Náutico de Vigo: https://g.page/oceansecretsvigo?share

Inscríbete aquí!