O 12 de abril ás 11:00 h Fritz Kleinhans, Profesor Asociado de Física, Emérito de Indiana University- Purdue University, en EE. UU inaugurou a VIII Edición do programa Café con Sal coa conferencia “ New Approaches to Cryopreservation: Ultra Rapid Warming”.
O traballo de Fritz é un esforzo de colaboración con varios biólogos e criobiólogos. A súa especialización é en biofísica de membranas e quecemento ultrarápido con láser de especímenes criogénicos con traballos recentes en varias especies, incluídas larvas de coral, embrións de peixe cebra e outras especies mariñas de interese acuícola. Esta investigación foi financiada polo NIH, NSF, USDA, Smithsonian, e Cawthron Institute entre outros; e xerou máis de 50 publicacións ata a data.
Durante a conferencia o Dr. Kleinhans presentou unha revolucionaría técnica a través da cal é posible requentar embrións previamente criopreservados, utilizando a calor dun láser. O equipo, case único no mundo, está actualmente dispoñible nas instalacións da ECIMAT.
Vídeos
- Presentación Cristina Secades, ECIMAT, CIM-UVigo
- Conferencia Fritz Kleinhans, Indiana University - Purdue University, USA
- Quenda de preguntas Fritz Kleinhans, Indiana University - Purdue University, USA