O xoves 30 de xaneiro dará comezo a X edición do ciclo de conferencias “Café con Sal”. O acto de inauguración correrá a cargo de Ibon Cancio, profesor de Bioloxía Celular de La Universidad del País Vasco (UPV/EHU) e investigador da Estación Marina de Plentzia (PiE), quen nos fará un percorrido histórico das estacións mariñas e a súa misión actual, co relatorio Marine Stations: 20000 leagues under the sea since the XIXth century into the “Blue Growth”.
O mar non é o noso hábitat natural e durante a maior parte da nosa historia foi a avenida, ou o abismo entre territorios. Os organismos que o habitan non comezaron a ser estudados ata que no século XIX comezamos a desenvolver as habilidades e as infraestruturas necesarias para su análisis, tales como embarcacións ou institucións-refuxios ubicados a carón do mar.
As estacións biolóxicas mariñas foron concebidas no seu inicio para albergar a científicos itinerantes, consituíndo lugares de descanso que ofrecían equipamento, protección, asistencia, e coñecementos básicos aos visitantes. Durante estes 175 anos de viaxe desde a apertura da primeira estación en Ostende (Bélxica), os océanos proporcionaron multitude de recursos imprescindibles abrindo posibilidades de investigación en aspectos de ciencia básica, aplicables por exemplo a investigación biomédica coa utilización de organismos modelo mariños. Co inicio da investigación pesqueira, os diferentes países comezaron a investir en ciencia, creando a fins do século XIX os seus primeiros programas nacionais de investigación e os seus mecanismos de financiamento. A investigación biolóxica básica sobre a pesca desencadeou unha investigación colaborativa transnacional, baseándose no espírito colaborativo que facilitou, por exemplo, o análise internacional da colección das mostras biolóxicas da expedición Challenger. No século XXI, o desenvolvemento da “Biotecnoloxía Azul” promete contribuír ao desenvolvemento socioeconómico das rexións marítimas, a través do chamado “Crecemento Azul”.
Toda esta evolución aconteceu porque “o coñecemento é poder” e “a investigación non é un gasto, senón un investimento”, asegura Ibon Cancio. As estacións biolóxicas supoñen unha peza clave para o desenvolvemento do crecemento azul e para alcanzar este “poder”, e así o demostran, tal como nos explicará Ibon, as estacións da Ecimat, o PiE UPV/EHU e outras da EMBRC-ERIC.
A conferencia terá lugar no salón de actos da ECIMAT ás 11h, transmitirase en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html e estará dispoñible de forma permanente nas páxinas web da UVigoTV e do CIM-UVigo.
Vídeos
- Presentación de Ibón Cancio Alba Hernández, CIM-UVigo
- Marine Stations: 20000 leagues under the sea since the XIXth century into the Blue Growth Ibón Cancio, Universidad del País Vasco (UPV/EHU) - Estación Marina de Plentzia (PiE)
- Turno de preguntas Ibón Cancio, Universidad del País Vasco (UPV/EHU) - Estación Marina de Plentzia (PiE)