O xoves 19 de xaneiro deu comezo a VII edición do ciclo de conferencias científicas “Café con Sal”, constituido por un total de 14 ponencias distribuídas ao longo do ano 2017.
O encargado da apertura da VII edición foi Francisco Rodríguez, investigador do Instituto Oceanográfico de Vigo, quen presentou o documental “Mareas vermellas“, dirixido por Manuel E. García Branco (IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO). Este documental mostra a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable da presenza de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análises exhaustivas que consigan a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos. No documental os autores describen este complexo fenómeno oceanográfico que ten cada vez maior relevancia debido ao cambio climático, destacando o potencial investigador que existe en Galicia sobre este tema.
Para máis información sobre este documental pode consultar a web Mareas vermellas de Galicia e o artículo relacionado publicado no blogue da ECIMAT “Mareas vermellas e fitoplancto tóxico en Galicia”
Vídeos
- Inauguración da VII Edición do ciclo Café con Sal Antonio Villanueva (ECIMAT)
- Presentación Alba Hernández (ECIMAT)
- Proxección do documental Mareas Vermellas e debate Manuel E. García (IIM-CSIC) e Francisco Rodríguez (IEO)