O grupo EPhysLab organiza este venres 21 de outubro ás 11h unha Mesa Redonda no Salon de Graos do Edif. Politécnico do Campus de Ourense baixo o título Inequidades do cambio climático: por qué necesitamos un enfoque de xénero?
O evento conta con axuda da Unidade de Igualdade da UVigo, e estará formada por expertas internacionais e integrantes da Rede Iberoamericana de Mulleres para a Acción Climática (IBWoClima), un grupo multidisciplinar que engloba investigadoras e investigadores das ciencias do clima, o cambio climático, a xurisprudencia, a saúde, economía ou a ecoloxía entre outros eidos. Trátase dunha actividade multidisciplinar e transversal e que pode ser de interese para toda a comunidade universitaria.
A composición da mesa está formada por cinco investigadoras de alto prestixio, entre as que contamos con 2 redactoras de diferentes capítulos do último IPCC que se achegarán a Ourense dende o Instituto de Medicina Preventiva e Social da Universidade de Berna, en Suiza, e dende Colombia da Universidade de Antioquía.
Estará presente a coordinadora da rede IBWoClima, actual Premio Nacional de Ciencias e investigadora na Universidade de Costa Rica.
Contaremos coa presenza da xurista en temas clímaticos mais activa de España dende a Universidade de León, e coa investigadora co-directora do Instituto Dom Luiz de Lisboa, un dos centro de xeofísica maís antigos e prestixiosos de Europa. Ambas cunha ampla producción científica e relacións sólidas con Iberoamérica.
Poñentes:
Ana M. Durán Quesada, Premio Nacional 2022 de Ciencia polo Goberno de Costa Rica, coordinadora e co-fundadora de IBWoClima, profesora asociada do Dpto. de Física Atmosférica, Oceánica e Planetaria da Facultade de Física da Univ. de Costa Rica.
María Concepción Gimeno, experta en xénero e dereito, profesora de Filosofía do Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de León,
Paola A. Arias, redactora do IPCC, co-fundadora de IBWoCLima, profesora da Escola de Inxeniería Ambiental da Universidade de Antioquia en Colombia,
Ana Russo, investigadora do Instituto Dom Luiz (IDL) da Universidad de Lisboa, e coordinadora do grupo Climate change, atmosphere-land-ocean processes and extremes
Ana M. Vicedo, redactora do IPCC, investigadora en epidemioloxía ambiental e coordinadora do Grupo de Cambio Climático e Saúde no Instituto de Medicina Social e Preventiva da Universidad de Berna, Suiza.
Animádevos a asistir e participar !