O xoves 25 de abril ás 17:00 horas no Museo Marco de Vigo, celebrarase a III Conversa Sobre o Cambio Climático. A conferencia “Alteracións climáticas e quecemento dos oceános” será impartida por María Teresa De Castro, Investigadora do Laboratorio de Física Ambiental (EPHYSLAB) do CIM-UVigo e Profesora Titular da Universidade de Vigo.