PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS AMPLIADO ATA O 25 DE XANEIRO!!
Un ano máis, a Comisión de Igualdade e Sostibilidade do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) convoca o concurso “Marie Tharp”, dirixido a mulleres investigadoras vinculadas ao centro. O certame consta de dúas categorías: predoutoral e postdoutoral junior, e está dotado cun premio de 1000 euros por cada unha delas para adquisición de material informático ou para a asistencia a congresos.
A iniciativa recibe o nome da cartógrafa oceanográfica e xeóloga mariña Marie Tharp, coautora do primeiro mapamundi do relevo submarino. A súa cartografía da dorsal Mesoatlántica e doutros trazos fisiográficos submarinos singulares contribuíron significativamente á demostración da teoría da tectónica de placas e a deríva continental.
As investigadoras interesadas deberán gravar un vídeo dunha duración máxima dun minuto contando brevemente e de forma sinxela en que traballan e cal é o motivo, os obxectivos, o plan de traballo, os resultados ou impacto da súa investigación. O vídeo deberá ser enviado cun enlace para a súa descarga antes do 25 de xaneiro de 2024 a cim@uvigo.gal.
Consulta aquí: