II Asemblea Anual CIMentos

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) organiza a II Asemblea Anual CIMentos! Este evento científico, que se celebrará o 24 de outubro no edificio CITEXVI (Campus de Vigo), busca unir a todo o persoal investigador do CIM, proporcionando un espazo onde poidan presentar os seus traballos, intercambiar ideas e establecer colaboracións.

Nesta nova edición contarase coa asistencia de algúns dos membros do Comité Asesor Externo (CAE) do CIM e entregaremos o Premio CIM á doutora Maria Dornelas. Esta actividade forma parte das accións do Decenio dos Océanos do Decenio das Nacións Unidas das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible.

Vén a CIMentos e forma parte da vangarda da investigación mariña!

Rexistro