Herencia biparental del ADN mitocondrial en humanos: qué nos puede aportar la investigación con mejillones marinos?

O martes 6 de outubro, Ángel P. Diz, profesor titular da Universidade de Vigo e investigador do Grupo de Xenética de Poboacións e Citoxenética (XB2, CIM),  presentará dentro do programa Café con Sal o relatorio Herencia biparental del ADN mitocondrial en humanos: qué nos puede aportar la investigación con mejillones marinos?.

Recentemente publicouse un traballo controvertido informando duns resultados que desafían a regra xeral de que a herdanza do ADN mitocondrial (mtDNA) en humanos (e en xeral nos metazoos) é estritamente maternal. Na actualidade, identificáronse máis de 100 especies de bivalvos, entre eles os mexillóns mariños (Mytilus spp.), que seguen un modelo inusual de herdanza do ADNmt chamado Herdanza Dobremente Uniparental (DUI), onde a herdanza de mitoxenomas maternos e paternos altamente diverxentes é a regra xeral, e non a excepción.

Estas excepcións poderían ser útiles para investigar os mecanismos moleculares que subxacen á transmisión do ADNmt paterno á descendencia. Aínda que estes mecanismos son actualmente descoñecidos, houbo algúns avances interesantes nesta dirección con resultados proteómicos que tamén contribúen a esta procura.

O grupo XB2 contribuirá mediante tecnoloxía xenómica e  proteómica de alto rendemento a estos avances, gracias ao proxecto “Mitogenómica y mitoproteómica de mejillones marinos con herencia uniparental doble del ADN mitocondrial y diferente trasfondo genético”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. O proxecto, dirixido por Ángel P. Diz e Paloma Morán, ten como un dos seus obxectivos coñecer a implicación potencial das proteínas mitocondriais seleccionadas en varias especies de mexilóns no mecanismo de herdanza uniparental dobre (DUI), o illamento reprodutivo e a influencia do DUI na determinación do sexo. Os resultados poderían ser útiles para comprender os casos excepcionais notificados en humanos.

Durante a súa conferencia, o ponente nos presentará brevemente as principais conclusións do controvertido estudo en humanos e a súa relación co coñecemento actual existente sobre a herdanza dobre uniparental (DUI) do ADNmt en mexillón, finalizando a conferencia cunha breve descrición dos obxectivos xerais do proxecto do Plan Nacional xa posto en marcha nas instalacións da ECIMAT.

A conferencia será realizada de xeito virtual, sendo retransmimtida en directo través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Para acceder, siga as seguintes intruccións:

  1. Premer a URL de acceso á sala virtual ” S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699
  2. Acceder como estudante coa seguinte contrasinal:  6rAsLWyz
  3. Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas.

O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais do CIM-UVigo e UVigoTV.

Vídeos