El papel del fitoplancton en el cambio climático: ¿Cuánto depende nuestro destino de estos microorganismos?

Etiquetas

O 23 de xuño ás 18 h continúa a participación do Centro de Investigación Mariña no proxecto ‘Mes do Medio e os Océanos‘, organizado por Afundación, a Obra Social de ABANCA, con motivo da celebración do Día do Medio Ambiente, 5 de xuño, e o Día dos Océanos, 8 de xuño

Luis Paulo Alcaraz Rocha, investigador predoutoral do Grupo de Oceanografía Biolóxica, afondará neste relatorio aberto para toda a familia no papel do fitoplancto no cambio climático e explicará como destes microorganismos depende o destino dos seres vivos.

Durante a conferencia Luis Paulo explicará dunha forma sinxela cómo o cambio global e o cambio climático son realidades instaladas de forma definitiva entre nós, xa non como posibles problemas dun futuro afastado, senón como unha realidade á cal nos habemos de adaptar e un desafío ao que habemos de responder. O investigador profundizará no papel das microalgas (fitoplancto) neste proceso de cambio climático e cambio global, amosando cómo as microalgas xogan un papel moi importante producindo ao redor do 50% do osíxeno do mundo a través do proceso de fotosíntesis.

A charla emitirase a través das canles de #AfundacionEnCasa e do Campus do Mar.

 

Vídeos