Costes del aprendizaje en juveniles del pez espinoso

O martes 4 de xuño, Náyade Álvarez, investigadora predoutoral do Grupo de Ecoloxía Animal (GEA, CIM-UVigo) presentará, nunha nova sesión do ciclo de conferencias Café con Sal, o relatorio “Costes del aprendizaje en juveniles del pez espinoso“, na cal presentará un dos experimentos realizados dentro da súa tese doutoral.

O Behavioural Ecology Lab, integrado dentro do Grupo de Ecoloxía Animal, traballa fundamentalmente en tentar entender como a selección natural moldea a historia de vida e o comportamento dos animais, principalmente en aves mariñas e peixes. Entre os peixes, os seus estudos céntranse basicamente no peixe espiñento (Gasterosteus aculeatus), por ser unha especie utilizada como organismo modelo a nivel mundial, debido principalmente ao coñecemento do seu xenoma e a facilidade do seu mantemento.

Náyade Álvarez, dirixida por Alberto Velando, está a realizar a súa tese doutoral co obxectivo de coñecer as respostas do peixe espiñento a nivel de comportamento e estratexia de vida (incluíndo as taxas de crecemento, a maduración, a taxa de reprodución e a esperanza de vida) fronte aos cambios nas condicións ambientais, así como os factores que determinan esas respostas.

Durante a súa conferencia, Náyade presentará o estudo da plasticidade fenotípica da especie fronte a devanditos cambios, no que avaliou de maneira experimental se a aprendizaxe presenta custos, e se inflúe na capacidade cognitiva e trazos da historia de vida, como poden ser o crecemento, a reprodución e a supervivencia, explorando ademais o efecto no cerebro.

A conferencia terá lugar ás 11.00h no salón de actos da ECIMAT e será retransmitida en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html, estando posteriormente dispoñible en UVigoTV e na nosa web.

 

 

Vídeos