O xoves 12 de xullo a investigadora da Universidade de Vigo Rosa Ceinos, presentou a conferencia “Circadian clocks across multiple organs from Turbot”, na que falou sobre a procura das compoñente claves do reloxo no rodaballo e se poden ser regulados pola luz / e ou o alimento.
O peixe cova de Somalia é unha especie que evolucionou durante 3 millóns de anos baixo as extremas condicións do deserto de Somalia. Estudos mostran que posúe un fenotipo troglomórfico, incluíndo un reloxo biolóxico aberrante. Estudando as compoñentes claves deste reloxo descubriuse que avanza con períodos extremadamente longos. A razón é que perdeu a capacidade de ser sincronizado pola luz. Con todo, sí presenta ritmos de 24 h moi robustos cando se sincroniza coa hora da alimentación. Isto evidencia a existencia de polo menos dous reloxos ou osciladores nos peixes: un regulado pola luz, e o outro pola alimentación.
Este traballo é parte do proxecto Unraveling multiple clock mechanisms in vertebrates, co-financiado pola Xunta de Galicia e a Unión Europea. Os dous primeiros anos o proxecto desenvolveuse no Instituto Tecnolóxico de Karlsruhe (Alemaña), dentro do grupo de investigación liderado por Nick Foulkes, e no departamento de Bioloxía e Evolución da Universidade de Ferrara (Italia) en colaboración con Cristián Bertolucci. Desde 2016, Rosa Ceinos forma parte do grupo de Fisioloxía de Peixes liderado por J. L Soengas e Jesús Míguez na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
Vídeos
- Presentación Cristina Secades, ECIMAT, CIM-UVigo
- Conferencia Rosa Ceinos, Fisioloxía de Peixes, CIM-UVigo
- Quenda de preguntas Rosa Ceinos, Fisioloxía de Peixes, CIM-UVigo