Ciencia Aberta: un novo xeito de concibir o traballo de investigación e a difusión de resultados

O martes 17 de novembro, Ana  Bernabeu, directora de área de Investigación da Universidade de Vigo e investigadora do grupo GEOMA (Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental, CIM-UVigo),  presentará, dentro do programa Café con Sal, o relatorio Ciencia Aberta: un novo xeito de concibir o traballo de investigación e a difusión de resultados.

En 2017, a Universidade de Vigo obtivo o selo europeo de Recursos Humanos en Investigación (HRS4R) que recoñece as institucións que fan progresos na aliñación das súas políticas dos recursos humanos cos 40 principios da Carta Europea & Código de conducta. Entre eles, destacan aspectos éticos como as boas prácticas en investigación e a diseminación e explotación de resultados.

Nesta liña, a UE estableceu a importancia da chamada Ciencia Aberta, definíndoa como unha política científica básica que débese implementar nos proxectos europeos. Do mesmo xeito, algunhas das revistas máis prestixiosas obrigan aos investigadores a almacenar os datos empregados nas súas publicacións en repositorios abertos e accesibles.

Estamos ante un cambio de paradigma de como tratar coa xestión da información, dos datos e da propia investigación. Pero que entendemos por Ciencia Aberta? Na Vicerreitoría de Investigación, Ana é responsable da implementación do selo HRS4R dentro da Universidade de Vigo e de promover o plan de acción asociado, promovendo entre outros a Ciencia Aberta na UVIGO.  Nesta conferencia, Ana Bernabeu introducirá os conceptos básicos da Ciencia Aberta, definindo os catro piares básicos e establecerá os primeiros pasos para implantar esta nova política na nosa Universidade: onde estamos e onde queremos chegar.

A conferencia será realizada de xeito virtual, sendo retransmimtida en directo través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Para acceder, siga as seguintes intruccións:

  1. Premer a URL de acceso á sala virtual ” S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699
  2. Acceder como estudante coa seguinte contrasinal:  6rAsLWyz
  3. Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas.

O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais do CIM-UVigo e UVigoTV.

Vídeos