59th meeting of Society for Low Temperature Biology

O salón de actos do Edificio de Ciencias Experimentais acolle a celebración da 59th meeting of Society for Low Temperature Biology, SLBT 2023, organizada por persoal investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM). Esta conferencia constitúe unha oportunidade para intercambiar coñecementos e ideas entre expertos no eido da bioloxía de baixas temperaturas. Cunha ampla gama de temas que se abordarán nos tres días de congreso, entre o 20 e o 22 de setembro, incluída a criopreservación, a adaptación ao frío, etc, este simposio proporciona unha plataforma única para que compartir os últimos avances e abrir novas vías de colaboración.