erizos

O CIM conta cunha Unidade de Investigación e Innovación Responsable (RRI) que opera cun sistema de xestión que garante os principios de ética e investigación responsable, cumprindo a normativa legal en vigor sobre acceso a recursos xenéticos, protección de datos, experimentación animal e control sanitario. Ademais, asesora ao persoal investigador para o cumprimento do Convenio de Biodiversidade e o Protocolo de Nagoya, relativo á participación xusta e equitativa dos beneficios derivados da utilización de recursos xenéticos, a través do desenvolvemento dunha guía para investigadores (Guía ABS), varios obradoiros e conferencias realizados baixo diferentes eventos e a implantación dun checkbox no sistema de solicitudes de servizos da ECIMAT.

No campo da experimentación animal, a Unidade de RRI, presta o seu apoio ao persoal investigador para obter e manter, por unha banda, a autorización dos seus procedementos experimentais con animais, e pola outra, a capacitación do persoal para a experimentación animal.