Responsable da unidade
Unidade de recursos biolóxicos e cultivos mariños
Licenciado en Ciencias do Mar e Técnico Superior de Produción Acuícola. Conta cunha ampla experiencia no cultivo de diferentes especies de peixes, moluscos, equinodermos, microalgas, zooplancto, e outras especies tanto en producción industrial en empresas privadas como en institución públicas de investigación. Como Responsable da Unidade de Recursos Biolóxicos e Cultivos Mariños e Director técnico da ECIMAT coordina a mantenza das instalacións e obras na ECIMAT, así como, os servicios de apoio á investigación responsable, o subministro de recursos biolóxicos procedentes do medio natural ou cultivados, organismos modelo así como diferentes contratos de I+D e servicios emerxentes como a criopreservación, en contacto directo co sector produtivo e investigador mariño.