Situada no soto do edificio, alberga unha serie de equipamentos e dispositivos por duplicado que permiten tratar e distribuír os tres tipos de auga de mar e auga doce declorada aos laboratorios da ECIMAT.

Sala de bombas

A auga é captada a 10 metros de profundidade, a 280 m da estación, por dúas bombas principais, bombeada a dous grupos de tanques de decantación e filtrada a través de filtros de area (filtración ata 50 um aprox.) e filtros de cartucho (filtración ata 20 um), para pasar finalmemente polos intercambiadores de calor, obtendo un rango de temperatura entre 13 e 18 ºC, e ser distribuída por todos os laboratorios da estación.

Na sala de bombas ubícanse ademáis as soplantes que proporcionan aire a 0,5 bares, os tanques de osíxeno e auga doce declorada e un autómata que controla os vareadores das bombas e os niveis da auga dos tanques de cabeceira.