Laboratorio de investigación mariña de 67 m2 dispoñible para ser utilizado en actividades de investigación, docencia e/ou divulgación.
Dispón dunha zona seca e unha zona húmida para tanques e acuarios e mesado húmido. Conta cos seguintes subministros:
- Aire comprimido
- Osíxeno
- Auga doce declorada
- Auga de mar filtrada por area (~50µ) a temperatura ambiente
- Auga de mar filtrada a 20µ a 12ºC
- Auga de mar filtrada a 20µ e 1 µ a 18ºC esterilizada con UV