“KRAKEN UNO” 8º VI-5-02-13
O KRAKEN UNO é unha embarcación de Polyester cabinada con plataforma de mergullo (marca Rodman). Ten 7,50 m. de eslora e motorización intraborda volvo de 225 CV. Está equipada con grúa MaxiLift Ant M50 capacitada para unha carga máxima de 100 kg. Posee circuito aberto de auga de mar e tomas de electricidade de 220V y 125V.
Esta embarcación está autorizada para navegación en Zona V cunha capacidade de 8 tripulantes patrón incluido (no caso de transportar equipos de mergullo o número máximo é de 4 mergulladores).
O KRAKEN UNO ten a disposición dos usuarios os seguintes equipos:
- Sonar de barrido lateral (YellowFin 872)
- Sonar de barrido lateral (Starfish)
- CTD con fluorescencia (SBE 25plus con software RS-232)
- Redes de fito e zooplancto
- Sensores de temperatura en autocontenido
- Botellas Niskin
- Rede de microplásticos (Manta Trawl)
Para coñecer as normas de uso e solicitar a embarcación pulse o link Solicitar un servizo e seleccione o recurso “Apoio a Actividades no Medio Mariño con embarcación cabinada (7,5m)”.