Espazo amoblado con 15 postos de traballo administrativos para persoal técnico e persoal investigador usuario da ECIMAT.
Os espazos de traballo no Co-Working para persoal investigador na ECIMAT poderán ser utilizados nas seguintes tres modalidades:
- Espazos de uso permanente: Nos casos en que exista unha necesidade xustificada, o persoal investigador ou grupos que soliciten espazos permanentes para investigación na Ecimat poderán solicitar espazos permanentes no co-working da estación. A solicitude de uso do co-working levarase a cabo conxuntamente coa solicitude de espazos para investigación cumprimentando o formulario que se pode descargar no apartado documentación relevante da web do CIM-UVigo.
- Espazos de uso temporal: O persoal investigador ou grupos que leven a cabo traballos experimentais dunha duración inferior a 6 meses na ECIMAT, poderán solicitar espazos de traballo no co-working da estación durante a duración dos devanditos traballos. Para consultar a normativa de uso e realizar a súa solicitude pulse o link Solicitar un servizo e seleccione “Utilización de laboratorios, equipamento científico e outra infraestrutura común” – “Co-Working”.
- O resto de postos de traballo no Co-Working da estación funcionarán na modalidade de “hot-seat” estando dispoñibles para seren utilizados polo persoal que os precise sen necesidade de reserva e debendo quedar libres ao finalizar a xornada de traballo.