O programa “Café con Sal” é un ciclo de conferencias abertas sobre diversos temas de investigación mariña que a ECIMAT ven desenvolvendo dende o ano 2011. O principal obxectivo é o de ofrecer un punto de encontro entre investigadores, alumnos e profesionais do sector do mar co fin de compartir coñecementos, xerar debates e novas ideas que sirvan de xerme de posibles colaboracións. Este programa pretende ademais contribuir á difusión da investigación mariña realizada na Universidade de Vigo e no resto de centros de investigación da nosa área mediante a grabación en vídeo e a publicación de todas as presentacións.

As conferencias teñen lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias do Mar o segundo xoves de cada mes (salvo excepcións), entre as 11 e as 11:30 h.

Nos seguintes enlaces pódense consultar os programa das últimas edicións, así como os resumos, videoconferencias e presentacións das ponencias xa realizadas.

A VIII edición constará de 9 ponencias distribuídas ao longo do ano 2018 que serán anunciadas nas nosas webs.

Próxima conferencia:

13 de decembro. Effects of increased CO2 on gene expression in Emiliania huxleyi. Julia Puij, Oceanografía Biolóxica, Centro de Investigación Mariña – Universidade de Vigo.

Programas:

[/card-body] [/card] [/accordion]