Convocatoria CIM-PosDou 2025
O Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo lanza a Convocatoria de Proxectos de Investigación CIM-PosDou 2025, unha oportunidade deseñada para fortalecer a carreira investigadora dos científicos e científicas posdoutorais do Centro. Esta iniciativa subliña o compromiso do CIM coa xeración de coñecemento de impacto, a innovación e a multidisciplinariedade no ámbito da investigación mariña.
Obxectivo: Financiar dous proxectos de investigación liderados por investigadores/as posdoutorais que aborden desafíos nas catro prioridades científico-técnicas do CIM:
- Acuicultura e Marisqueo
- Contaminación Mariña
- Impacto do Cambio Climático
- Enerxías Renovables Mariñas
Dotación económica: 15.000 € por proxecto.
Duración: 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2025.
Liderado de investigadores/as posdoutorais do CIM (ver convocatoria).
Prazo de solicitude: Ata o 30 de decembro de 2024 ás 23:59 horas.
Máis información: