Xornada “Utilización de recursos genéticos y Protocolo de Nagoya: marco legal y casos prácticos de aplicación en el ámbito marino”

Etiquetas

O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo), coordinador do proxecto “European  Blue  Biobank” (EBB), organiza, xunto coa Fundación CETMAR, unha xornada técnica para dar a coñecer as obrigas existentes para acceder e utilizar recursos xenéticos derivadas do Protocolo de  Nagoya (2010) e a normativa asociada.

O Protocolo de Nagoya, asinado por 92 países incluído España, persegue unha participación xusta e equitativa nos beneficios que se deriven da utilización de recursos xenéticos. En España, o Protocolo tradúcese no Real Decreto 124/2017 que regula o acceso e utilización dos recursos xenéticos procedentes de  taxones silvestres. En Galicia, a Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade, reflicte aspectos básicos para a aplicación desta norma en Galicia e a obrigación de comunicación da administración territorial ao punto focal nacional.

A implementación do Protocolo de Nagoya e a lexislación asociada resulta complexa e conleva unha carga administrativa coa que a maioría dos usuarios destes recursos non están familiarizados. A xornada persegue informar aos asistentes sobre as obrigas e requisitos establecidos na lexislación, así como presentar e analizar exemplos de uso comercial e non comercial de recursos mariños no ámbito do Protocolo. Por último, nesta xornada presentarase a Guía de Buenas Prácticas para el acceso a recursos genéticos, desenvolta no marco do proxecto  EBB.

Esta xornada contará, entre outros, coa participación de Noelia Vallejo Pedregal, Punto Focal Nacional Español para o Protocolo de  Nagoya, do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Alejandro Lago, responsable do proxecto UNDP-GEF ABS Global y  Fiz da Costa, investigador do CIM-UVigo e responsable do proxecto EBB.

A xornada terá lugar nas instalacións de CETMAR en Vigo o 14 de febreiro de 2020, entre as 11 e as 14:30 h. A asistencia é gratuíta, pero é necesario rexistrarse antes do 10 de febrero no seguinte enlace https://cetmar.org/seminarios/Nagoya/.

A axenda completa desta xornada estará dispoñible pronto no mesmo ligazón que se facilita para o rexistro.

Follow us in twitter #Nagoya_recursosmarinos

 

Vídeos