Contrato de apoio á investigación no grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-UVigo (GOB)

O grupo de investigación de Oceanografía Biolóxica (GOB) do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVigo), oferta un contrato de apoio á investigación con cargo ao proxecto “Papel das Interaccións fitoplancto-bacterias na Resposta do plancto microbiano á entrada de nutrientes alóctonos” (ref. CTM2017-83362- R).

Condicións do contrato

  • Contrato a tempo completo.
  • Duración: 3 meses (inicio 1 de febreiro de 2020).
  • Retribución bruta mensual de 1800 €.
  • Traballo a desenvolver: Análise metagenómico de secuencias parciais do 16 S e do 18 S de plancto microbiano mariño xeradas con Illumina, análise de diversidade de comunidades de eucariotas e procariotas, análise avanzada de datos multivariantes e análises de redes de co-ocorrencia.

Requisitos

  • Graduado en Bioloxía, Ciencias de Mar ou afíns.
  • Experiencia demostrable nas tarefas para realizar. Requírese especificamente experiencia no uso de ferramentas bioinformáticas e estatísticas para o tratamento de datos de secuencias 16 S e 18 S ( FastqC, Qiime, Mothur, Uchime), para a asignación taxonómica (bases de datos SILVA, PR2), para a análise avanzada de datos multivariantes, e para a análise de redes de co-ocorrencia (Cytoscape). Requírense tamén amplos coñecementos de taxonomía de plancto eucariota e procariota mariño, e nivel alto de inglés.
  • Valorarase: experiencia en técnicas de extracción, determinación (Qubit/ Nanodrop) e amplificación de ADN, preparación de librerías xenómicas para secuenciación masiva, coñecemento de Matlab, formación complementaria relacionada coas tarefas para realizar.

Proceso de selección

A selección dos/as candidatos/ as levará a cabo segundo os seguintes criterios:

  • Expediente académico (25%).
  • Experiencia directamente relacionada co traballo ofertado (50%).
  • Coñecemento de inglés (15%) e outros méritos (10%).

Os/as interesados/ as deben enviar antes do 27 de decembro de 2019 o seu expediente académico e o seu CV completo en pdf á seguinte dirección: teira@uvigo.es

A comisión de selección, formada por investigadores do grupo, valorará nos prazos establecidos pola normativa da Universidade de Vigo para contratación laboral temporal os méritos presentados polos candidatos.

Completado o proceso de selección, notificaranse os resultados definitivos á solicitantes vía correo electrónico.