As especies do xénero Fucus, entre elas Fucus Serratus, son coñecidas como “especies fundadoras de comunidades intermareais”, pois proporcionan alimento e refuxio a outras especies de algas, invertebrados e peixes. Según estudios previos, esta especie atópase en declive na zona norte da Península Ibérica, debido ao quecemento do océano e aos períodos de estrés en momentos de marea baixa. As etapas temperás no ciclo de vida de F. Serratus son moi importantes para a persistencia da especie, xa que durante estes períodos son máis susceptibles ás condicións de estrés.
Óscar Álvarez, técnico de investigación da Universidad Rey Don Juan Carlos (URJC), está a realizar un traballo dirixido por Rosa María Viejo García e Brezo Martínez Díaz-Caneja (URJC), que se engloba dentro do proxecto “Factores determinantes de las contracciones y expansiones en la distribución de especies fundadoras costeras: Mejorando las predicciones en escenarios de cambio climático”, que ten como obxectivo determinar os factores físicos e biolóxicos que inflúen nos límites de distribución das especies nativas en retracción e das invasoras en expansión co fin de mellorar as predicións sobre a distribución destas especies fronte ao cambio climático.
O día 16 de marzo, Óscar presentou parte deste traballo de investigación realizado en colaboración con Celia Olabarría (grupo de Ecoloxía Costeira) coa charla titulada “Effect of combined physical stressors on early development stages of one contracting target seaweed species, Fucus serratus“. Durante a conferencia, Óscar Álvarez presentou as principais respostas ecofisiolóxicas de F. Serratus da zona atlántica e cantábrica da costa galega en diferentes etapas do seu ciclo de vida.
Para máis información sobre este traballo pode consultar o artigo publicado no blogue da ECIMAT.
Vídeos
- Presentación Alba Hernández (ECIMAT)
- Conferencia Óscar Álvarez (URJC)
- Debate Óscar Álvarez (URJC)