Fundada en 1872, a Estación Zooloxica Anton Dohnr é unha das Institucións de Investigación Mariña máis antigas e recoñecidas no campo da bioloxía e ecoloxía mariña. O programa de investigación e conservación das tartarugas mariñas, especies ameazadas pola crecente degradación dos ecosistemas mariños, da sobrepesca ou do cambio climático, foi iniciado no ano 1983 co obxectivo de ofrecer unha base científica para o desenvolvemento de programas e estratexias de xestión efectivas para estos emblemáticos animais.
O investigador Fulvio Maffuci traballa nesta institución dende o ano 2002 co obxectivo de comprender a distribución da tartaruga boba na costa oeste do Mediterráneo e a conectividade entre os seus stocks, os principais aspectos relacionados coa bioloxía e ecoloxía desta especie e os factores que a ameazan. O día 2 de marzo, Fulvio presentou o novo Centro de Investigación de Tartarugas Mariñas desta estación e os posibles efectos do cambio climático na expansión das zonas de anidación da tartaruga boba (Caretta caretta) na costa oeste do Mar Mediterráneo coa conferencia, titulada “The Marine turtle research center: a new facility of SZN”.
Para máis información sobre o traballo presentado pode ler o artigo publicado no blogue da ECIMAT.
Vídeos
- Presentación Alba Hernández (ECIMAT)
- Conferencia Fulvio Mafucci (SZN)
- Debate Fulvio Mafucci (SZN)