O vindeiro xoves día 16 de febreiro ás 11:00 h teremos como poñente do noso ciclo de conferencias “Café con Sal” a Santiago Fraga, doutor pola Universidade de Vigo e investigador do Centro Oceanográfico de Vigo (IEO-Vigo) dende o ano 1977. O poñente, que conta cunha ampla traxectoria no estudio e monitorización dos blooms fitoplánctónicos tóxicos, nos presentará parte do seu traballo realizado na última década centrado nas intoxicacións alimentarias coa conferencia titulada “Ciguatera Fish Poisoning: a new food safety problem in Spain“.
As intoxicacións por moluscos afectados por biotoxinas de orixe mariño son amplamente coñecidas en Galicia. Sen embargo, as intoxicacións por pescado son prácticamente descoñecidas. Durante esta conferencia, Santiago Fraga nos presentará un tipo de intoxicacións alimentarias producidas por pescado, relativamente novas en España, describindo a enfermidade e as súas causas. Este traballo forma parte do proxeto CICAN: Adaptive strategies of harmful microalgae: An innovative approach applied to the study of ciguatera in the Canary Islands in the context of climate change, do cal pode obter máis información no seguinte enlace: http://proyectocican.es/el-proyecto/.
Esta conferencia (ver cartel) englóbase dentro do Ciclo de Conferencias Científicas Café con Sal (ver programa completo) que ten lugar no salón de actos da ECIMAT.