Un mar de plástico

Ricardo

Cada ano son arroxados aos océanos do mundo 8 millóns de toneladas de plásticos. Os máis pequenos, denominados microplásticos, son absorbidos polos organismos mariños. Ata o de agora se descoñecen as consecuencias que estos microplásticos poden ter para a saúde dos organismos mariños e para a saúde humana. Un equipo da Universidade de Vigo coordina o proxecto europeo Ephemare (Ecotoxicological effects of microplastics in marine ecosystems), con científicos e institucións de 10 países distintos, co fin de dar resposta a esta incógnita.

No seguiente enlace Ricardo Beiras explica, nunha entrevista realizada por GCiencia, os efectos tanto físicos como químicos dos microplásticos e os obxectivos do proxecto: https://youtu.be/MzGfGlhJWQ4

Para saber máis sobre o proxecto Ephemare pode consultar a súa páxina web oficial http://www.jpi-oceans.eu/ephemare