Técnico/a Especialista para xestión do proxecto H2020 LABPLAS

Denominación do proxecto ou actividade: Land-Based Solutions for Plastifcs in the Sea

Investigador principal: Ricardo Beiras García-Sabell

Liña de investigación: Ferramentas de monitoring da contaminación mariña

Referencia: LABPLAS

Departamento: C04 Ecoloxía e bioloxía animal

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contratos para a realización de proxectos e para a execución de plans (art 32bis Lei da
Ciencia). Duración indefinida

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Xestión de proxectos

Funcións a realizar:
-Coordinación do proxecto H2020 LABPLAS
-Comunicacións e reunións con outros socios
-Informe de resultados, fitos e entregas do proxecto
-Administración de proxectos
-Contacto coas partes interesadas

Retribución bruta mensual: 2.400,00 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: Tempo completo (37.5 h/semana)

Categoría laboral: Técnico/a Especialista de apoio á investigación modalidade D (Bacharelato, FP2)

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Bacharelato ou FP2

Méritos a valorar:

– Experiencia acreditable (mínimo 3 anos) en xestión de investigación en ámbitos internacionais
– Excelentes habilidades de comunicación, falante fluído en inglés e español
– Bo coñecemento dos esquemas de financiamento da investigación da UE.
– Elaboración de informes.
– Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ós/ás 3 candidatos/as que na suma dos
méritos acaden un mínimo de 50 puntos.

Máis información