Doutoramento en Criobioloxía

DOUTORAMENTO EN CRIOBIOLOXÍA

Esta é unha oportunidade para desenvolver a túa tese de doutoramento no laboratorio de Criobioloxía do Grupo ECOCOST, do Centro de Investigación Mariña (CIM) da  Universidade de Vigo baixo a dirección principal de Estefanía Paredes.

Buscamos dous estudantes que estean ilusionados/as por desenvolver a súa carreira no campo da criobioloxía e que teñan un expediente académico altamente competitivo para solicitar bolsas nacionais (FPU) ou autonómicas (Xunta). Os/as candidatos/as deben estar en posesión dun grao e un mestrado nunha disciplina relacionada coas Ciencias Mariñas (Ciencias do Mar, Bioloxía, etc.). A tese se realizará dentro do programa de doutorado DoMar (UVigo).

Os/as estudantes de último ano de mestrado que busquen un grupo para realizar o seu TFM tamén poden presentar.

Os/as estudantes poden presentar a súa solicitude presentando a seguinte documentación:

  1. CV (imprescindible destacar os expedientes académicos acadados en grao e máster)
  2. Carta de presentación cun pequeno resumo das capacidades e calidades que encaixan co posto e calquera outra cousa que o candidato/a considere que o fan destacar, así coma o seu interese en oportunidade 1 ou 2.
  3. Nivel de estudos en inglés e outros idiomas.

OPORTUNIDADE 1:

O Proxecto CRIOPEIXE céntrase no estudo dos procesos relacionados coa criopreservación en varias especies de embrións de peixes, combinando unha especie modelo cunha especie de produción acuícola de alta importancia en Galicia. Unha oportunidade para desenvolver unha carreira nun campo punteiro e altamente internacional como é a Criobioloxía.

OPORTUNIDADE 2:

O proxecto CRIO-INVERT céntrase no estudo de procesos de aplicación de protocolos de criopreservación á acuicultura de moluscos estudando factores coma o escalado, rendemento dos protocolos e melloras da produción. A tese realizarase entre as instalacións do CIM e, puntualmente, no CIMA. Unha oportunidade para desenvolver unha carreira no campo punteiro da criobioloxía e moi en contacto coa aplicación a produción en acuicultura.

Para máis información e solicitudes, envía un correo electrónico a eparedes@uvigo.gal