Este xoves día 24 de febreiro realizarase unha videoconferencia desde a base Española Gabriel de Castela da Antártida. O acto enmárcase dentro das celebracións dos 25 anos da Facultade de CC. Mar e dos 10 anos de ECIMAT e poderá ser seguido desde o Salón de Actos da Facultade de CC. Mar.
A sexta expedición viguesa á Antártida cumpre xa dúas semanas en illa Decepción, onde investigadores da Universidade de Vigo e Santiago analizan o proceso de descomposición das macroalgas no contienente xeado e o efecto do cambio climático sobre este. Os investigadores da ECIMAT Mariano Lastra, Jesús S. Troncoso (director da ECIMAT) e Jesús López explicarannos durante a videoconferencia o traballo desenvolvido durante este tempo en Illa Decepción e os obxectivos desta VI Campaña Antártica.