Investigador/a para computación e análise de datos climáticos

Denominación do proxecto ou actividade: Probabilidade de risco de fenómenos meteorolóxicos e hidrolóxicos extremos en España segudno as proxeccións futuras do CMIP6 en alta resolución espacial

Investigadora principal: Raquel Olalla Nieto Muñiz

Referencia: TED2021-129152B-C43

Departamento: T08 Física aplicada

CARACTERÍSTICAS DOS CONTRATOS

Tipo de contrato: Contrato de duración determinada vinculado a programas financiados con Fondos Europeos, adicional 5ª RD32/2021 de 28/12)

Número de prazas: 1

Traballo a realizar: Descarga e análise de datos climáticos e execución de modelo Lagrangiano de dispersión de partículas.

Funcións a realizar: Computación e análise.

Retribución bruta mensual: 1.219,58 € (incluido o prorrateo das pagas extraordinarias)

Data de inicio prevista: A partir da resolución desta convocatoria. Na data que se establezca na mesma

Xornada laboral: 20 horas/semana

Categoría laboral: Investigador modalidade B (Titulación Universitaria Superior)

Centro de traballo: Facultade de Ciencias de Ourense

Duración do contrato: 3 meses e 2 días

REQUISITOS E MÉRITOS DOS/AS CANDIDATOS/AS

Titulación requirida: Grao en Meteoroloxía ou similar.

Méritos a valorar:

  • Formación académica
  • Publicacións científicas SCI.
  • Coñecemento en estadística e análise de datos climáticos. Modelización climática.
  • Utilización demostrada de sistemas de supercomputación. Programación en R, IDL, Python.
  • Entrevista persoal (3 candidatos/as máximo)

Máis información aquí.