A ECIMAT retoma o Programa de Presentacións Científicas “Café con Sal ” cunha presentación mensual durante o ano 2016

charla Rolan

A ECIMAT retoma o día 14 de xaneiro o Programa de Presentacións Científicas “Café con Sal” que terá lugar no salón de actos da ECIMAT o primer xoves de cada mes durante o ano 2016 (ver programa). O obxectivo destas presentacións é o de ofrecer un punto de encontro para todos aqueles que levan a cabo unha parte do seu traballo científico nas Instalacións da ECIMAT, co fin de compartir coñecementos, xerar debates, novas ideas ou posibles colaboracións. 

O encargado da apertura desta VI edición será Javier Cremades, profesor da Universidade da Coruña, cunha charla sobre as macroalgas e a acuicultura de enfoque ecosistémico. Cada charla será anunciada mensualmente a través da páxina web.

A organización convídavos a este novo ciclo esperando acadar o mesmo éxito que en edicións anteriores.