EMBRC pon en marcha o portal de Formación Mariña MarineTraining

teaching lab

O European Marine Biological Resource Center (EMBRC), do que a ECIMAT e membro, ven de por en marcha o portal de Formación MarineTraining.eu. O EMBRC está a avanzar con paso firme nesta fase de implementación de cara a acadar a mediados de 2016 o estatus de Consorcio Europeo de Infrestruturas de Investigación (ERIC). O portal MarineTraining.eu é de feito o primeiro servizo que EMBRC pon a disposición da comunidade investigadora en ciencia mariña nesta fase de implementación.
O Portal de Formación, é unha colección de ferramentas relacionadas con a formación en temas mariños e está dirixido a estudantes, organizadores de actividades formativas, e outras organizacións que desexen colaborar en esta área. O Portal incúe un amplio e facilmente navigable catálogo de iniciativas formativas por toda Europa, e ofrece un amplio rango de servizos para os organizadores. O portal foi desenvolvido e é mantido polo Nodo Belga do EMBRC, a Universidade de Ghent. Pódese visitar en www.marinetraining.eu ou a través da web do EMBRC www.embrc.eu.
O EMBRC é unha Infraestrutura Estratéxica de Investigación Europea que conta con “Nodos Estatais” en nove estados membros da Unión, sendo a ECIMAT e a PIE (Estación Mariña de Plentzia) os representantes de España na devandita infraestrutura. O EMBRC convertirase no principal punto de acceso á Ciencia Mariña a gran escala en Europa. Con os seus servizos o EMBRC apoiará tanto á investigación fundamental como á aplicada baseándose nos recursos biolóxicos mariños e nos ecosistemas mariños. EMBRC espera convertirse nun dos principais motores que leven adiante o desenvolvimento da Biotecnoloxía Azul. EMBRC ofrecerá o ambiente investigador axeitado para usuarios procedentes do mundo académico, da industria, da tecnoloxía e outros sectores.
Máis información en www.marinetraining.eu e www.embrc.eu