PRAZA DE TÉCNICA/O 3 DE INVESTIGACIÓN EN RECURSOS BIOLÓXICOS MARIÑOS NA ESTACIÓN DE CIENCIAS MARIÑAS DE TORALLA (ECIMAT- CIM-Universidade de Vigo) – Paracentrotus lividus

1. Descrición

A/O candidata/o deberá desenvolver o seu traballo como técnica/o no proxecto de investigación OCIMER+: Enfoque holístico para el cultivo y conservación de Paracentrotus lividus (Lamarck, 1816) financiado pola fundación Biodiversidad na convocatoria Pleamar 21.

A persoa seleccionada encargarase de xestionar, coordinar de dar apoio no desenvolvemento das accións do proxecto OCIMER+, xestión administrativa e económica, redacción de documentos e informes, apoio en tarefas de comunicación ademais de desenvolver actividades de cultivo, marcaxe, repoboación, elaboración de dietas para semente de ourizo de mar, tratamento de resultados e escritura de informes e documentos xustificativos, etc.

2. Requisitos

– Grao en Bioloxía, Ciencias do Mar ou titulacións afíns.
– Carné de conducir B1.

3. Criterios de valoración

Experiencia profesional (60%):

  • Experiencia acreditada en xestión e coordinación de proxectos.
  • Experiencia profesional acreditada na aplicación da bioloxía á xestión e explotación de recursos mariños.
  • Coñecementos acreditados en técnicas de cultivo, técnicas de mostraxe e métodos de estudo da bioloxía de invertebrados mariños.
  • Experiencia profesional acreditada en empresas do sector acuícola ou centros de investigación mariña en cultivo de invertebrados mariños.
  • Experiencia acreditada en actividades de difusión e transferencia científica no sector pesqueiro.

Formación (10%):

  • Cursos de formación o especialización relacionados con el perfil técnico. (10%)

Entrevista (30%):

  • A comisión pode convocar a unha entrevista ós/ás candidatos/as que teñan superado unha puntuación superior ó 40% nos apartados de Experiencia e Formación.

4. Condicións

  • Contrato laboral grupo 1.
  • Adicación: Tempo completo
  • Inicio do contrato: Inicios de 2022 (supeditado á firma e condicións do convenio de financiación).
  • Salario bruto: Aproximadamente 2000 euros/mes.
  • Xornada de traballo semanal: 37,5 horas/semana.
  • Duración do contrato: Máximo de 8 meses (período de proba de 3 meses)
  • Centro de traballo: Estación de Ciencias Mariñas de Toralla – Illa de Toralla (Coruxo, Vigo).

5. Solicitude e proceso de selección

  • As persoas candidatas deben enviar a solicitude (Anexo II) e CV con indicación expresa dos méritos solicitados a ocimer@ecimat.org co asunto: “proxecto OCIMER+ PRAZA TECNICO 3”. (Pódense achegar 1 ou 2 cartas de recomendación)
  • Prazo de presentación de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021.
  • As persoas seleccionadas poden ser convocadas para a entrevista en caso de ser necesaria.
  • As persoas seleccionadas para a entrevista en caso de ser necesaria deberán acreditar todos os méritos presentados.

6. Comisión de Avaliación

  • Presidente: José Manuel García Estévez
  • Vogal 1: Damián Costas Costas
  • Vogal 2: Estefanía Paredes Rosendo
  • Vogal 3: Ángel Pérez Diz

Prazo de recepción de solicitudes: ata as 14:00 horas do 20 de decembro de 2021

7. Resolución

Candidatos preseleccionadas/os as prazas de técnicas/os de investigación

PRAZA TÉCNICA/O 3

Tourón Besada, Noelia (51,0)

Pereira Cividanes, Sira (46,0)

Marques da Ressurreição, Marta (41,0)

A entrevista coas persoas candidatas preseleccionadas á praza de técnico/a 3 será o próximo luns día 27 de decembro, de maneira non presencial, a partir das 18:00h., sendo convocadas á mesma mediante e-mail.

Rematado o proceso de avaliación para a selección das prazas de técnicas/os de investigación, propoñénse as/os seguintes candidatas/os:

PRAZA TÉCNICA/O 3

Sira Pereira Cividanes