A Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo está presente en Transfiere 2025, Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, un encontro que esta semana celebra a súa décimocuarta edición en Málaga con máis de 600 empresas, entidades e administracións públicas e a presenza de delegacións procedentes de máis de 30 países.
O CIM participou como parte da delegación da galega, encabezada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP a través da Axencia Galega de Innovación. Durante estes días avanzamos na adhesión a partenariados europeo de innovación e transferencia e mantivemos un encontro con Carmen Garrido, do Campus del Mar CeiMar.
Foron unhas xornadas xerando sinerxías co plan complementario de ciencias mariñas de Andalucía e achegando a nosa contribución a proxectos de compra pública innovadora.
Principal cita europea sobre I+D+i e transferencia
Transfiere é un dos principais eventos europeos sobre I+D+i e transferencia. O seu obxectivo é conectar todo o sistema español de innovación e impulsar a súa proxección internacional. Os seus eixos temáticos son o talento, o desenvolvemento científico-tecnolóxico, o acceso a investimento e as oportunidades de negocio, co fin último de xerar alianzas e sinerxias globais. Neste marco, a Xunta impulsa a participación neste evento co obxectivo de facilitar oportunidades de colaboración para a investigación e a innovación feitas en Galicia.
Fonte: DUVI