O proxecto Peiraos de Solpor, posto en marcha polo Porto de Vigo e o grupo de Ecoloxía Costeira do Centro de Investgación Mariña da Universidade de Vigo, foi galardonado o día 24 de xuño pola Asociación Internacional de Puertos (IAPH) co chamado “Óscar verde”, premio do Programa Mundial de Portos Sostibles. Tal e como explica o Faro de Vigo, o proxecto impúxose na categoría de “Diálogo con la comunidad y ciudad portuaria” ás 45 candidaturas presentadas e, xa na fase final, a un consorcio de EEUU e Canadá e unha terminal surcoreana.
Mediante a instalación de arrecifes artificiais e a creación dun observatorio mariño ao público nas dársenas de A Laxe e Bouzas, este proxecto ten por obxectivos recuperar o bo estado dos ecosistemas mariños na zona, mellorar o crecemento de especies vexetais e animais propias da zona, reducir a pegada de carbono mediante a captura de CO2 e fomentar a concienciación e sensibilización sobre a importancia da conservación dos ecosistemas da zona portuaria.
Este premio súmase a outras distincións internacionais baixo os plan de Puerto Verde e a estratexia Blue Growth.
A actividade investigadora do grupo EcoCost (CIM-UVigo) conta co apoio da Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do seu cofinanciamento ao abeiro do Programa Operativo FEDER/FSE Galicia 2014-2020.
Ver a información completa no Faro de Vigo