Aberta a quinta convocatoria do TNA, que permite desenvolver proxectos de investigación mariña na ECIMAT

O programa Transnational Access (TNA) do  proxecto ASSEMBLE Plus (Association of European Marine Biological Laboratories Expanded) ofrece ao persoal investigador e técnico de institucións públicas e privadas o uso das instalacións e servizos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT) e outras  30 estacións mariñas integradas no European Marine Biological Resource Centre (EMBRC-ERIC) para levar a cabo parte dos seus proxectos no campo da investigación mariña.

O Programa Europeo cobre acceso a unha ampla variedade de ecosistemas mariños e recursos biolóxicos e o uso das instalación, plataformas tecnolóxicas e servicios ofrecidos por cada unha das infraestruturas incluídas no proxecto, así como os custos da viaxe, aloxamento e manutención.

Na ECIMAT, infraestrutura principal do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, os investigadores poden ter acceso a instalacións experimentais, como acuarios e tanques, laboratorios húmidos e secos e  mesocosmos, utilizar as plataformas tecnolóxicas (criopreservación, bioensaios, software de análise de imaxe, etc.), realizar traballos de campo en embarcacións de investigación costeiras, ou utilizar os equipos de mergullo para acceder aos ecosistema submareais. Aínda que a maioría dos investigadores prefire desenvolver os seus experimentos baixo a modalidade de acceso in situ, o programa de  TNA de  Assemble Plus permite tamén o acceso remoto a algúns dos servizos de  ECIMAT, como a recolección de organismos mariños nas rías galegas, o envío de organismos da colección, ou o subministro de organismos mariños cultivados na estación, sen a necesidade de viaxar á ECIMAT.

Quinta convocatoria aberta ata o 11 de outubro

O programa de accesos transnacionais ten un total de sete convocatorias e, das catro aprobadas ata o de agora, a ECIMAT acolleu catorce proxectos: tres nas dúas primeiras convocatorias, seis na terceira e dous na cuarta. A quinta convocatoria atópase neste intre aberta ata o 11 de outubro. Dentro dos proxectos aprobados ata o momento, a ECIMAT ten recibido a máis de 20 investigadores de distintas institucións de Reino Unido, Italia e Portugal, comprendendo temáticas tan variadas como o cambio climático, a ecotoxicoloxía, o estudo de aves mariñas, a criopreservación de organismos mariños ou os procesos de especiación en caracois mariños

Nos seguientes enlaces podes consultar as opinions dalgúns dos investigadores que disfrutaron anteriormente deste programa e a videoconferencia presentada por Fiz da Costa, responsable do proxecto Assemble Plus no CIM-UVigo.

Elevado grao de satisfacción das e dos investigadores coa ECIMAT

The Transnational Access Program of Assemble Plus: an opportunity to access ECIMAT services – Fiz da Costa, ECIMAT.