O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a través da Secretaría Xeral de Pesca, organiza entre os días 5 e 9 de noviembre as Xornadas de presentación do buque de formación e cooperación pesqueira INTERMARES. Durante estas xornadas desenvolveránse unha serie de reunións, conferencias, cursos, mesas redondas e asesoramentos ao redor da actividade pesqueira e da investigación mariña, prestando especial atención á cooperación para o desenvolvemento do sector e a formación técnica en buques.
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM-UVIGO) participa nestas Xornadas coa presentación de tres conferencias:
- “Investigación Mariña na Antártida“, Mariano Lastra e Jesús Souza Troncoso, 5 de novembro ás 12:00h.
- “Impacto del cambio climático en las pesquerías y medidas adaptativas de los sistemas socio-ecológicos marinos“, Diego Salgueiro, 5 de novembro ás 13:00h.
- “Criopreservación: congelando organismos marinos en el tiempo“, Estefanía Paredes, 6 de novembro ás 11:00h.
Durante a primeira conferencia os investigadores do CIM-UVIGO, Mariano Lastra e Jesús S. Troncoso (grupo de Ecoloxía Costeira), presentarán dous proxectos desenvoltos na Antártida. Na primeira parte da conferencia os investigadores amosarán algunhas técnicas de recolecta empregadas para o estudio do bentos mariño antártico, os problemas asociados a ditas técnicas e os resultados acadados no último proxecto desenvolto. Na segunda parte, Lastra e Troncoso, presentarán as posibles implicacións da remineralización de nutrintes derivada da degradación de algas nun ecosistema antártico nun escenario de cambio climático. A continuación da anterior, Diego Salgueiro, investigador do Future Oceans Lab, tratará de maneira transdisciplinar a identificación e avaliación de impactos, a investigación dos estados de vulnerabilidade socio-ecolóxica destes impactos e a consecuente adaptación socio-ecolóxica, enfocando a presentación especialmente en sistemas pesqueiros. Por último, Estefanía Paredes, responsable do Servizo de Preservación Funcional de Recursos Biolóxicos Mariños da ECIMAT, presentará a metodoloxía empregada para a criopreservación de moluscos, algúns dos resultados acadados ata o momento e as liñas de traballo innovadoras que están a por en marcha neste servizo, pioneiro na criopreservación de larvas de ameixa e mexilón.
O barco estará atracado no muelle de trasatlánticos do Porto de Vigo. Tralas conferencias e dependendo do número de asistentes, realizaráse unha visita guiada gratuita polo buque.
Para asistir ás conferencias é preciso estar 10 minutos antes e rexistrarse na entrada do barco. A xornada do día 5 de novembro precisa inscrición previa, sendo necesario enviar un correo electrónico co nome e DNI a carrerasazules@apvigo.es e bluegrowthvigo@apvigo.es.